miércoles, 11 de marzo de 2009

O aparello dixestivo

Tratándose dun tema de fisioloxía e anatomía de dificil comprensión é aconsellable utilizar todos os procedementos que teñamos a man. Este é un bo método para reforzar aprendizaxe.

miércoles, 4 de marzo de 2009

O sistema solar

Lembrando o estudado na aula e como complemento do libro atopamos unhas actividades en JClic que poden axudar e motivar ós rapaces.

lunes, 2 de marzo de 2009

o parafuso

Non sempre é cuestión de facer senón de saber que é o que temos que facer.

As verdadeiras sete maravillas

jueves, 5 de febrero de 2009

sábado, 24 de enero de 2009

Simple ou complexo?

Parece mentira que sabendo utilizalo son se poda facer tal cantidade de sons distintos e imitar o que en principio parece inimitable.

Curiosidades da natureza

Buscando un vídeo para meter no blog atopei un sobre os efectos da amarula, un froito dunha árbore africana que contén 4 veces máis vitamina C que a laranxa e que unha vez que madurece e cae da árbore a súa graduación alcólicaé do 17 %.
Como podedes comprobar tamén se "agarran cogorzas" os animais, o que teñen de bo e que non chegan a ser alcólicos posto que como a natureza é moi sabia non son quenes de destilalo e só poden obtelo cando madurecen estes froitos.

Abrindo os ollos



Estou na cova, cun mundo marabilloso que se abre diante dos meus ollos; intento sair, bañarme nesas augas que me invitan a facelo,pero non atopo máis que impedimento:

Que si se abre unha ventá dicindo: produciudse un erro ó intentar subir a imaxe.

Que me desaparece o texto que teño escrito e teño que andar buscando onde demo se meteu..

Os primeiros pasos

Iste é o meu primeiro contacto cos blogs, non sei nin onde, nin como empezar a traballar, como tampouco teño moi claro que o que estou facendo poda servir para algo pero a esperanza é o último que se perde.
Síntome coma ese neno que se pon as botas do seu pai; quédanlle enormes pero el continúa, intenta andar sen caer, tropeza cae érguese de novo e é feliz, intentao tantas veces como pode ata que vai mellorando a técnica, e a golpe de intentando vai medrando e...